(VÍDEO) Masóns en Celavella

Written By :

Category :

Aprendiz

,

Cine/TV

,

Fraternidad

,

Humor

,

Librepensamiento

,

Videos

,

Vigo

Posted On :

Share This :

«As Leis de Celavella» foi una exitosa serie producida por Voz audiovisual e emitida porla TVG durante os anos 2004 ata 2006. Levou os premios Mestre Mateo ao mellor deseño de vestiario, Ruth García, e á mellor dirección artística, Antonio Pereira.

laureanoTrátase dunha serie de misterio e suspense que conta a historia dun avogado metido a detective que conta nas súas pesquisas coa axuda do fantasma que lle ocupou o despacho. Esta serie detectivesca ambientada arredor de 1925 na ficticia localidade galega de Celavella, comeza cando Pablo Veiga volta á súa casa, despois de oito anos de estudos e de troula en Santiago. Atópase co espírito de Belisario, un home executado anos atrás, acusado dun asasinato. Nunha vila de tres mil habitantes como Celavella todo o mundo se coñece e todo se sabe. Belisario non descansará en paz até que o seu caso se resolva e Pablo non parará até descubrir a verdade.

Indalecio, o alcalde da vila de Celavella, Crisanto, o secretario do concello e Wenceslao, o tenente da Garda Civil, son algúns dos personaxes masóns que habitan en Celavella. A trama xira o redor da misteriosa morte de Don Dionisio (tamén masón), o cal é investigado polo xove abogado Don Pablo e maila súa secretaria, Matilde. Aquí poden verse las esceas nas que os personaxes citados aluden á masonería.

Durante o primeiro tercio do século XX, a masonería empeza a recuperarse pouco a pouco, aínda que xa nunca alcanzará a importancia que tivo anteriormente. Antes da crise colonial de 1898, contábanse en España e «as súas dependencias» a lo menos unhas 1750 loxias.

Tan só dous grupos masónicos previvirán esta tremenda crise, o Gran Oriente Español e a Gran Logia Catalano-Balear, que a partir do ano 1921 adoptou o nome de Gran Logia Española, extendendo a súa xurisdición a todo o territorio nacional.

O máis importante deles, o Gran Oriente Español, durante os anos 1900 e 1922 (que adoptou a estrutura federal de Grandes Loxias rexionais) instalará 187 loxias das que 125 están fóra de España (42 en EEUU, 29 en Filipinas, 20 en Puerto Rico, 19 en Argentina, 11 en Marruecos e 4 en Turquía) e tan só 56 no interior. Entre os anos 1922 e 1936, o Gran Oriente Español creará tan só 42 novas loxias. Pola súa parte, a outra obediencia masónica, a Gran Logia Española, chegou a alcanzar entre 1900 e 1939 un total de 155 loxias.

Durante a dictadura de Primo de Rivera (1923-1930), a masonería volta a atopar dificultades. Aínda que algúns políticos e militares descontentos, atoparon na masonería un refuxio e eficaz organismo.

Coa chegada da II República experiméntase un despertar e influxo masónicos, e especialmente nas Cortes constituíntes de 1931, nas que atopamos un número importante de diputados masóns, que se pode situar sobre os 150. Nesas mesmas datas, o Goberno Provisional da República contaba con seis ministros masóns: Alejandro Lerroux (Estado); Álvaro de Albornoz (Fomento), Diego Martínez Barrio (Comunicacións), Fernando de los Ríos (Xustiza), Marcelino Domingo (Instrución Pública), Santiago Casares Quiroga (Marina). Un ano despois, o 5 de marzo de 1932, ingresaría tambén o ministro da Guerra, Manuel Azaña.

Máis información sobre a serie «As Leis de Celavella»

Máis sobre la historia da masonería en España

goe

Ready To Start New Project With Intrace?

Lorem ipsum dolor sit amet, consectetur adipiscing elit, sed do eiusmod tempor incididunt ut labore et dolore magna aliqua.